TOURS ORGANIZADOS DE GALICIA
Ruta ref GMT 2007/1 Rías Baixas, viño e natureza, duración 1 día.
Este tour sae dende Santiago de Compostela ( ou calquera outro lugar concertado con anterioridade) e fai a súa primeira parada no Mosteiro da Armenteira coa súa lenda antes de continuar cara á fermosa praia da Lanzada. Dende alí seguimos camiño cara ó Grove onde saborearemos un bo menú e un agradable paseo en barco antes de chegar a Cambados. Como estaba previsto na nosa axenda cataremos un premiado albariño na adega Valdumia antes de subir ó Miradoiro de Lobeira dende onde contemplaremos unhas fermosas vistas. Volta a Santiago de Compostela. .
Ruta ref GMT 2007/2 Rías Baixas Costa Norte. Duración 1 día
Este tour sae dende Santiago(ou cidade anteriormente concertada) para visitar as famosas ruínas das torres do Século XI I de Catoira. Dende Catoira viaxaremos ata o pobo costeiro de Rianxo e dende alí a comer un xantar típico galego. Próxima parada é nas dunas de Corrubedo e de seguido subiremos ó Miradoiro da Curota para contemplar unha fermosa paisaxe. O día rematase tras visitar o Castro de Baroña e a famosa vila de Noia. Volta a Santiago..
Ruta ref GMT 2007/3 Fisterra, a fin do mundo. Duración 1 día.
Este tour sae dende Santiago cara a Muxia, o lugar da famosa barca de pedra. Logo continúa ata o punto máis occidental de Europa, Fisterra. Faremos unha parada para visitar Ézaro antes de degustar un delicioso xantar galego acompañado dun bo viño no pequeno pobo do Pindo. Despois de xantar continuaremos o noso camiño cara a Carnota
e as lagoas de Louro. O noso destino final será Muros e finalmente de volta a Santiago.
Ruta Ref GMT 2007/4 Pontevedra e arredores. Duración 1 día.
Saíndo de Santiago viaxamos ata o parque natural e muíños de Barro. Visitaremos o espectacular Mosteiro de Poio saboreando un pracido xantar galego en Combarro. Xa pola tarde percorreremos as rúas da zona vella de Pontevedra visitando museos, Igrexas e prazas polas que é famosa a cidade. Algúns consideran as zonas medievais de Pontevedra case que tan importantes coma as de Santiago de Compostela. Volta a Santiago.
Ruta ref GMT 2007/5 Pontevedra e Soutomaior. Duración 1 día.
Saída dende Santiago de Compostela, este tour fai a súa primeira parada no parque natural de Barro antes de continuar camiño cara o castelo medieval de Soutomaior, un dos máis importantes de Galicia. Comeremos en Arcade, a capital das ostras de Galicia, despois continuaremos a nosa viaxe a Pontevedra i exploraremos a cidade vella. Final e volta a Santiago.
Ruta ref GMT 2007/6 Rías Altas – Costa da Morte. Duración 1 día.
Saíndo dende Santiago dirixímonos camiño da liña de costa norte coñecida nun dos seus tramos coma Costa da Morte. A nosa primeira parada será o pobo de Buño, capital da cerámica galega y dende alí continuaremos o noso camiño para visitar Malpica e gozar dunha liña de costa de 150km. Pararemos para degustar un xantar típico galego e continuaremos o noso camiño ata chegar a Laxe, vila típica mariñeira pero non sen antes facer unha parada en Camariñas, famosa polo seu tradicional encaixe de bolillos feito a man. Remataremos a xornada no Castelo de Vimianzo antes de voltar cara a Santiago.
Ruta ref GMT 2007/7 Ourense - Ribadavia e a ruta do ribeiro. Duración 1 día.
Saída dende Santiago camiño ó interior, a Ourense, unha das seis cidades máis importantes de Galicia. Dedicaremos algún tempo a camiñar esta antiga cidade mentres visitamos a súa bonita catedral e a súa ponte romana. Despois de parar a comer para gozar dun xantar típico galego visitaremos unha das adegas pertencentes á denominación de orixe do Ribeiro. Remataremos a tarde camiñando pola vila medieval de Ribadavia e paseando polas súas rúas xudías.
Ruta ref GMT 2007/8 A Guarda e a ruta do viño O Rosal. Duración 1 día.
Saída dende Santiago facendo o noso camiño ata a vila fronteiriza de Tui e a súa catedral fortificada do Século XI. Do outro lado da fronteira visitaremos a antiga vila de Valença do Minho. Dentro dos muros da súa fortaleza xantaremos e logo camiñaremos polas súas rúas estreitas. De novo no lado galego visitaremos o "Castro" do Monte Santa Tegra. Logo pararemos para seguir a ruta do viño da zona do Rosal, D. O. Rías Baixas e catar algún dos seus viños. Conduciremos de volta pola costa e faremos unha parada na vila de Baiona para visitar o forte de Monterreal e a replica da Pinta.
Recorrido Ref GMT 2007/9 Tour de un día por Santiago de Compostela.
Goce dun tour guiado e privado pola capital de Galicia construída no ano 813. Dende o Século IX a cidade marca a fin do famoso camiño de peregrinaxe “Camiño de Santiago”. A cidade foi construída arredor da catedral onde se poden atopar os restos do apóstolo Santiago. Saboree un delicioso xantar acompañado dun viño e unhas tapas na zona vella desta grande cidade.
Ruta Ref GMT 2007/10 Portomarín - Lugo. Duración 1 día.
De camiño a unha das grandes capitais galegas como é Lugo faremos unha parada en Portomarín para visitar o seu templo fortificado de San Xoán. Dende aquí continuaremos o noso camiño ata chegar a Lugo para visitar a súa muralla romana, catedral e museo gozando logo dun bo xantar galego e un bo viño.
Ruta Ref GMT 2007/11 A Coruña – Betanzos. Duración 1 día.
Dirixirémonos á histórica cidade da Coruña, cidade que forma parte dos momentos máis relevantes da historia de España. Degustaremos un delicioso xantar galego e viño. Dentro desta viaxe incluiremos tamén unha visita á vella vila capital de Galicia nalgún tempo, Betanzos.
Ruta Ref GMT 2007/12 Ribeira Sacra. Duración 1 día.
Pasarémo-lo día nesta espectacular zona do interior de Galicia visitando o famoso Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil convertido hoxe en día en Parador, e no Castelo de Castro Caldelas. Recorrerémo-los canóns do Sil nun dos seus catamaráns e degustaremos un xantar galego típico da cociña local e cataremos algún dos internacionalmente coñecidos viños da zona de Amandi, D.O. Ribeira Sacra.