Coma o nome suxire "Galicia Mystic Tours" especializase en ofrecer rutas guiadas pola nosa verde e diversa terra galega. Déixese sorprender por esta parte norte do país exuberante e chea de riqueza, que se ve reflectida na súa cultura e patrimonio.
Galicia é o lugar indicado para un turista esixente que vai más alá do sol e praia e o turismo masificado, non porque aquí non haxa praias que as hai e moitas(non só en Galicia hai 772 praias que representan o 25% do total que hai en toda España senón que ademais é a
comunidade española que conta con máis bandeiras azuis en devanditas praias) pero sobre todo porque aquí a historia asáltanos a cada paso do camiño sorprendéndonos cos seus vellos pobos medievais, a súas paisaxes ás veces dramáticas e todo isto nunha atmosfera moldeada polo tempo e por un xeito de vida máis aló do turismo.
Galicia ten antepasados celtas, unha paisaxe entrelazada de viñas e pobos tradicionalmente mariñeiros, unha cidade con status de Patrimonio da Humanidade como é Santiago de Compostela, castros e dolmens que datan de épocas prehistóricas e todo cun telón de fondo dunha deslumbrante paisaxe chea de montañas, ríos e mar, 1121km de costa con rías dunha espectacular beleza cheas de praias de area fina e branquísima.
En Galicia Mystic Tours a nosa máxima é asegurarnos de que vostede, o noso invitado, non perda de vista nin unha soa paisaxe ou experiencia que faga das súas vacacións galegas algo inesquecible. Con este propósito ofrecémoslle unha ampla variedade de Tours organizados que van dende 1 día ata 2 ou 3. Cada un seleccionado coidadosamente coa mente posta en visitantes moi distintos uns doutros. Estas excursións seleccionáronse para darlle a vostede, non só un espectáculo visual das mellores paisaxes galegas senón tamén a oportunidade de experimentar e saborea-la beleza desta rexión e ese sabor pódese converter en algo literal si se decide a seleccionar un dos nosos Tours polas rutas do viño.
Hai mil e unha razóns para elixir unha ruta guiada por Galicia; elixindo algunha das rutas ofrecidas por "Galicia Mystic Tours" e combinándoas poderá trazar o seu propio itinerario.
Galicia Mystic Tours pode encargarse tanto de grupos grandes como
reducidos, de feito estaremos máis que encantados de operar para unha soa familia ou unha parella. Intentamos facer unha selección ampla de rutas organizadas na que se vexan reflectidos todos os diferentes gustos e preferencias pero se non pode atopar o que está buscando contáctenos e organicemos algo xuntos e á súa medida.
Queremos que vostede se leve o mellor das súas vacacións galegas e se iso significa planificar as súas vacacións con vostede, nós estaremos encantados de facelo.
Finalmente, por favor boten unha ollada á nosa páxina e ás múltiples opcións que ofrecemos e non dubiden en poñerse en contacto connosco se ven algo que lles guste.